miércoles, 24 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024


Para conmemorar o Día do Libro, a ANPA da escola trouxo unha chea de libros para Zapatocas e uns agasallos para cada neno. Estamos desexando ir á biblioteca para lelos todos. Moitísimas grazas!!

lunes, 22 de abril de 2024

IMOS AO TEATRO

A semana pasada fomos ao Auditorio de Abanca a ver a obra de monicreques Pingüín. Unha tenra e divertida historia sobre os cambios familiares tras o nacemento dun novo membro.

Ao rematar, aproveitamos a nosa visita a Pontevedra para brincar e xogar nun dos parques da vila.




O MONTE, FONTE DE RECURSOS


Grazas a mamá de Noel e á Escola de Enxeñaría Forestal Universidade de Vigo, puidemos coñecer o traballo desenvolvido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña.

Vimos como utilizan parcelas do monte para cultivar froitos do bosque e cogomelos, pero tamén para a produción de mel e a cría de cabalos e ovellas. Ademais aprendemos como plantar e a importancia que teñen as árbores nos ecosistemas.



Tras recuperar forzas cuns saborosos bocatas, volvemos para casa cunha chea de agasallos. Grazas Xana!


lunes, 19 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024


Este ano os piratas invadiron o noso festival de Carnaval. Grazas ao gran esforzo realizado pola ANPA do colexio, puidemos realizar unhas simpáticas fotografías nos espectaculares photocalls  que prepararon.

Ademais argallaron unha busca do tesouro chea de probas divertidas.


Tras superalas conseguimos o mapa do tesouro, puidemos atopalo e levar a recompensa para casa.

Tamén contamos coa actuación do Mago Paco que veu cargado de contos cheos de imaxinación.


Chegado o momento da merenda, recuperamos forzas con orellas, filloas, rosquillas e outros doces típicos destas datas elaborados con moito agarimo polas familias.

Rematamos a xornada cun desfile e a actuación de todas as escolas baixo a dirección da mestra Olalla de música. 


Moitas grazas a todos o que fixeron posible tan estupenda festa e en especial á ANPA do centro.

TEMPO DE ENTROIDO



miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA DA PAZ

Onte, para conmemorar o Dia Escolar da Non Violencia e a Paz, Zapatocas propúxonos unha actividade baseada no mural Construír de Lidia Cao. Ao igual que as mulleres representadas na obra da artista, entre todos creamos unha construción que representa a paz. Cada alumno colocou con coidadiño unha peza co seu nome e a palabra que considera pode contribuír á non violencia. A paz, coma a nosa construción, precisa do esforzo de todos para conseguir o equilibrio.