A
semana pasada no libro “Pirámides”
que temos na biblioteca, vimos como se construíron estas marabillas, como se
foron deteriorando co paso do tempo e como son na actualidade. O martes, no
enlace http://www.airpano.ru/files/Egypt-Cairo-Pyramids/1-2fixemos unha viaxe imaxinaria en helicóptero
ao redor delas e, hoxe, decidimos confeccionalas en papel. Gustaríanos
facer unha pequena maqueta con elas xunto ao río Nilo, o deserto, os camelos…
pero non nos queda sitio na aula onde colocala. A ver se mañá temos algunha
idea e ensinámosvos o resultado. Mentres,
os que esta fin de semana se animen a mergullarse no mundo da repostería, na
imaxe teñen unha orixinal pirámide de biscoito que vimos en http://laclasederocioramirez.blogspot.com.es/2012/03/un-desierto-muy-dulce.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario