domingo, 24 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 24 de febreiro, conmemorase o aniversario do nacemento da escritora Rosalía de Castro. Este ano ten unha relevancia especial por cumprirse os 150 anos da publicación de “Cantares Gallegos”. Son múltiples as actividades e diversas as propostas de lecturas que realizan as bibliotecas escolares nesta data tan sinalada. Na nosa escola, ademais de traballar os poemas que máis nos gustan, celebrámolo como o merece todo aniversario, cunha torta e as súas candeas correspondentes. Comeza a temporada das fresas e non podíamos deixar pasar a ocasión de elaborar un pastel de amorodos con nata. A receita xa a coñecemos do curso pasado: sobaos, amorodos e nata montada. Agora, case todos sabemos abrir os envases e, se se resisten, empregamos as tesoiras. Os amorodos, ás veces, seguen a esvarar polo prato, pero as mestras axúdannos a controlalos. Coma sempre a torta foi collendo xeito, cantamos “parabéns”, apagamos as candeas e ¡a comer!... Como dicía Lucía: ¡Delicioso!.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario