Conta
unha lenda xaponesa que, toda carpa que consiga nadar río arriba e saltar a
fervenza da porta do dragón, será recompesada e convertida neste ser
mitolóxico. Varios peixes intentarono pero soamente a carpa Koi o conseguiu. É
por isto que a carpa Koi é considerada como símbolo da perseveranza ante a
adversidade. A partir desta bonita historia, na aula comezamos a ver como son
os dragóns
xaponeses. Descubrimos que teñen corpo de serpe, cabeza de crocodilo,
cornos de cervo, melena de león, poutas de aguia e bigotes de carpa; pero a diferenza dos occidentais,
carecen de alas para voar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario